Gonzalo Caballero critica que Feijóo “fuxe” do Parlamento para “non dar conta dos recortes na sanidade”

O secretario xeral do PSdeG recorda que “hai un acordo subscrito por todos os grupos, tamén polo PP” polo cal Feijóo tiña que comparecer esta semana na Cámara

O secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, criticou hoxe “a fuxida de Feijóo do Parlamento” para “non ter que explicar a súa xestión ante esta crise da covid-19”.

Aludiu así o máximo dirixente dos socialistas galegos ao acordo “subscrito por todos os grupos, tamén polo PP”, polo cal Feijóo tiña que comparecer onte, mércores, na Cámara galega. “Feijóo amosa unha vez máis o que vale a súa palabra”, sentenciou Gonzalo Caballero sobre o pacto para manter activo o Parlamento mentres dure o estado de alarma.

“Feijóo segue fuxido do Parlamento porque non quere dar contas dos seus recortes na sanidade pública, da súa xestión nas residencias de maiores e da súa inacción en política económica para acompañar aos traballadores, aos autónomos e ás pequenas e medianas empresas do país”, evidenciou o líder do PSdeG.

Xunto co incumprimento da palabra de Feijóo, Gonzalo Caballero sinalou tamén a súa “falla de transparencia”. E é que, nos máis de dous meses dende o estado de alarma, Feijóo só compareceu “dúas veces” na Cámara para informar da situación e explicar as medidas tomadas dende a Xunta tanto para facer fronte ao virus como para empezar a perfilar a saída desta crise.

Así as cousas, o secretario xeral fixo fincapé na necesidade de cambiar “a precariedade laboral e os recortes” que Feijóo instalou na sanidade pública, de “reverter a privatización” das residencias de maiores e de traballar nun modelo “para a reconstrución do país sen deixar a ninguén atrás”.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

3 × 1 =

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.