Gonzalo Caballero: “Feijóo non entende a gravidade do momento que vivimos, posto que xa tería que ter posto en marcha axudas directas”

O voceiro parlamentario do PSdeG, Gonzalo Caballero, reclamou hoxe á Xunta que “consensúe” cos sectores cultural e turístico un auténtico plan de reactivación da súa actividade, paralizada a causa da pandemia da covid-19, fronte ao “plan fracasado” anunciado por Feijóo e o conselleiro de Cultura e Turismo e que conta co “rexeitamento total” dos implicados.

Fai falla, como dixo Gonzalo Caballero no Parlamento, “máis compromiso” da Xunta, que tería que concretarse en “máis inversión e orientación” para apoiar aos sectores culturais e turísticos de Galicia, partindo da base de que supón “un erro” tratar os dous eidos nun mesmo plan.

E é que este plan deixa patente -incidiu o líder do PSdeG- que “a Xunta non entende a gravidade do momento que vivimos”, posto que xa tería que ter posto en marcha “axudas directas” para os sectores, tal e como se lle pediu dende o Partido Socialista e como xa fixeron outras comunidades.

“Só fan propaganda, e nin sequera acertan séntense enganados e frustrados” tras ser convocados a varias xuntanzas sen que se atendan as súas demandas e necesidades. Así é que o “rexeitamento” é “crecente”, porque as medidas que contén o plan son “claramente insuficientes”.

“FALLA DE COMPROMISO”

No que atinxe á cultura, a escaseza de medidas á “falla de compromiso da Xunta. De feito, recordou que o Consello da Cultura Galega xa lamentaba antes desta crise que o goberno de Feijóo non apoia á cultura, e “esa situación non se paliou agora”.

“O PP recortou á metade os orzamentos de Cultura do goberno presidido por Emilio Pérez Touriño”,  o “desprezo á cultura” que caracteriza ao goberno de Feijóo. Ademais, enumerou que tanto o sector do libro como o das orquestras, a Asociación Profesional de Artistas de Galicia e a Asociación Galega de Profesionais da Xestión Cultural, entre outros colectivos.

Canto ao turismo, o secretario xeral dos socialistas galegos indicou que o plan tampouco conta con accións que permitan combater a súa “inactividade” porque non existe “estratexia”. Por iso, reclamou un plan integral de turismo que abranga accións nos distintos focos de atracción e máis orzamentos. Ao fío disto, reprobou que a Xunta non dispuxera axudas directas para os milleiros de persoas que viven da hostalería.

Chamou á Xunta a “traballar lealmente co goberno de España”, que si tomou medidas para dar solucións aos distintos sectores e para apoiar aos traballadores que perderon os seus empregos e aos autónomos que viron a súa actividade interrompida.

COMPARECENCIAS PARLAMENTARIAS

Gonzalo Caballero comezou a súa intervención cunha chamada á “prudencia” da sociedade e á “responsabilidade” das administracións cando estamos avanzando na desescalada. “A loita contra a crise sanitaria segue sendo a prioridade”, engadiu.

Lamentou a “utilización” do Parlamento por parte do PP ao rexeitar a comparecencia da conselleira de Política Social para dar conta da súa actuación nas residencias de maiores, do que non se fixo e do que fallou ante os numerosos casos de contaxios masivos.

Comparte:

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

12 − 7 =

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.