Gonzalo Caballero: “Feijóo pondrá data ás eleccións a costa de poñer en risco a saúde dos galegos e das galegas “

O secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, alertou hoxe fronte aos “tics autoritarios de Feijóo”, que anunciou onte a convocatoria de eleccións para o mes de xullo antes de ter rematado o estado de alarma e a emerxencia sanitaria en Galicia. Esta decisión, dixo, “pon en risco a saúde dos galegos e das galegas” e ademais “racha” o acordo coas forzas políticas para aprazar os comicios do 5A.

Ao mesturar a desescalada e o desconfinamento da pandemia co proceso electoral evidencia que “só pensa nas súas prioridades políticas e non nas prioridades de saúde e recuperación da normalidade do pais”. Fixo un chamamento á “prudencia” fronte a un Feijóo que rompe co acordo político acadado cos grupos políticos e o texto publicado no DOG que aprazaba a convocatoria electoral ata que remataran o estado de alarma aprobado polo Congreso e á emerxencia sanitaria declarada pola Xunta.

Esta decisión  que non está avalada por informes técnicos nin médicos”,  demostra que a súa prioridade “son as eleccións por riba da saúde”, e por iso “quixo levantar o estado de alarma”. “E agora, marca a axenda electoral de forma unilateral esquecendo os compromisos de poñer a loita contra a covid-19 como principal prioridade”. ”Ninguén entende como pode ser un presidente tan irresponsable”, concluíu.

Ademais, o máximo dirixente dos socialistas galegos sostivo que “ata o mes de xullo non teremos constancia de como se produciu a desescalada nin que efectos tivo”, e apuntou  que un dos informes entregados por Feijóo sinala que “en Galicia pode haber un rebrote dentro de dúas ou tres semanas e un máis grande en xullo, coa chegada dos turistas”.

Gonzalo Caballero considerou que a convocatoria no mes de xullo, co que implica en termos de contactos e mobilidade precisamente cando hai máis circulación do virus, demostra que Feijóo está “disposto a poñer en risco a saúde dos galegos”.

Comparte:

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

16 − 8 =

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.