Intensa limpeza de cunetas na parroquia de Santomé de Piñeiro en Marín

Está a desenvolverse na estrada que une os lugares de Allariz, Igrexario, Cernello e Anicón

O Concello está levando a cabo unha intensa actuación de limpeza de cunetas na parroquia de Santomé de Piñeiro. Concretamente, os traballos están a desenvolverse na estrada que une os lugares de Allariz, Igrexario, Cernello e Anicón, a cargo da empresa Construcciones Fechi, cun orzamento total de 8.046,50 euros.

Segundo indicou o concelleiro de Medio Rural, Pablo Novas, trátase dunha actuación moi demandada polos veciños e veciñas destes núcleos rurais “e é moi necesaria debido á gran cantidade de auga que se xunta, froito da escorrentía das ladeiras do monte”.

Os traballos xa comezaron a pasada semana e está previsto que poidan ser rematados a finais desta semana.

Un comentario

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.