Investigadores da Universidade da Coruña, Arxentina e Ecuador analizan o benestar e estrés de pais e nais durante o confinamento pola COVID-19

O Grupo de Investigación en Psicoloxía Educativa da Facultade de Ciencias da Educación da Universidade da Coruña está a realizar unha investigación sobre o benestar e estrés de pais e nais de nenos/as durante o confinamento por COVID19

Os investigadores da Universidade da Coruña Antonio Valle e Susana Rodríguez atópanse dirixindo un estudo en colaboración con investigadores de Arxentina e Ecuador, co obxectivo de analizar diversos elementos que poderían estar implicados co benestar e estrés parental en situación de confinamento por COVID19.

Os investigadores consideran relevante identificar as posibles implicacións na calidade de vida de nais e pais na situación actual, considerando a gran demanda física, psíquica e económica á que se ven expostos, sumado ao feito de que os seus fillos/as se atopan cumprindo actividades escolares desde casa. Por tanto, o obxectivo da análise é identificar as estratexias de xestión emocional e de afrontamento que empregan os pais e nais durante o confinamento, así como a súa implicación no benestar e nivel de tensión. Todo iso tendo en consideración os antecedentes situacionais.

As estratexias de xestión emocional fan referencia á capacidade de identificar e comprender as emocións e vincúlanse co axuste psicolóxico parental. De igual forma, as estratexias de afrontamento son maneiras de pensar, sentir ou comportarse que utilizan as persoas para facer fronte aos problemas. Consideramos que estes factores poden ser clave para realizar unha análise apropiada do benestar e a tensión parental nas condicións actuais.

A investigación plantexa identificar diferenzas culturais, por tanto, está a desenvolverse a nivel internacional a través dun cuestionario anónimo online, incluíndo a avaliación en inglés para países que non teñan como idioma materno o castelán.

Enlace ao cuestionario

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.