Javier Castiñeira. “Nunca foi tan necesario crear unha comisión na @depulugo con todos os partidos e representantes dos sectores produtivos e sociais”

O portavoz provincial do PP recorda que solicita un pleno extraordinario como consecuencia da negativa do presidente, José Tomé, a convocar a reunión da xunta de portavoces que pediu insistentemente

 Os deputados populares propoñen un Plan Poscovid e queren que sexa deseñado nunha comisión con representación dos tecidos produtivo e social, que deberá encargarse tamén do control da posta en práctica e avaliación das medidas que se apliquen

 Javier Castiñeira acusa de incoherencia ao BNG, porque en Monforte pide unha reunión da xunta de portavoces que non solicita en Lugo, e a Tomé, porque, como alcalde, convoca a reunión e non o fai como presidente da Deputación

Ao portavoz popular gustaríalle saber “cales son os medos” que provocan en Tomé aversión a todo o que sone a participación, de modo que fronte á man tendida e a colaboración que ofrece o PP “levanta un muro de illamento”

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

6 + 2 =

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.