Jorquera pedirá que a Xunta medie no conflito entre bateiros e percebeiros “e adopte medidas de protección do sector do mar”

O BNG persentará o xoves no Pleno pleno do Concello da Coruña inste á Xunta a mediar entre bateeiros/as e percebeiros/as adoptando medidas de protección do sector do mar

O portavoz do BNG en María Pita, Francisco Jorquera, vai defender no Pleno do vindeiro 4X unha moción en que se insta a Xunta a que poña en marcha distintas medidas de protección do sector do mar, especialmente castigado polas consecuencias económicas da Covid-19.

Entre outras cuestións, o voceiro soberanista pedirá ao Goberno Local que se dirixa á Xunta de Galiza para esta asumir un rol de mediación no conflito entre bateeiros/as e percebeiros/as. “No caso da Coruña”, relata Jorquera na exposición de motivos da moción, ” dáse ademais a circunstancia de que se está procedendo á extracción de mexilla en zonas como as Illas de San Pedro e o entorno da Torre de Hércules, declaradas Espazos Naturais de Interese Local”.

A Xunta debe mediar neste conflito, mais debe tamén asumir as súas responsabilidades e “exercer a vixilancia e control que lle corresponde na explotación dos recursos mariños”, pon en destaque o portavoz do BNG, quen á vez salienta que “no caso concreto da Coruña é necesario, ademais, que a Xunta de Galiza e o Goberno Municipal adopten as medidas oportunas para que o aproveitamento económico dos recursos das zonas declaradas Espazos Naturais de Interese Local non ameace a sustentabilidade dos recursos e a biodiversidade”.

Coa moción o BNG pídelle tamén á Xunta que poña en marcha axudas para garantir a actividade das confrarías, ao tempo que urxe o Goberno Local a que se dirixa á Administración galega para esta reclamar “as modificacións que sexan necesrias para axilizar o uso dos fondos que veñen da Unión Europea, incluída a demanda de fondos FEMP (Fondo Europeo Marítimo e da Pesca) co propósito de que “as persoas afectadas poidan percibir axudas que lles permita sobrevivir e garantir a plena salvagarda dos dereitos dos profesionais do mar de Galiza”.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

cinco × 5 =

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.