Lugo aprobará o vindeiro luns procedementos das concellerías de Infraestruturas e Educación

Rubén Arroxo: “trátase de procedementos iniciados antes da crise sanitaria que se retoman co inicio da desescalada”

O Tenente de Alcalde, Rubén Arroxo, anunciou que a Xunta de Goberno Local do vindeiro luns aprobará múltiples procedementos relativos ás concellerías  de Educación e Infraestruturas Urbanas. Segundo indicou Rubén Arroxo, “trátase de procedementos iniciados antes da emerxencia sanitaria cuxa tramitación tivo que deterse e que se poden retomar co inicio do proceso de desescalada”.

Rubén Arroxo indicou que a concellería de Infraestruturas Urbanas aprobará a contratación do servizo de mantemento das 62 caldeiras dos edificios municipais. Segundo Rubén Arroxo, “o contrato saíu a concurso en dous lotes cun orzamento total de licitación de 61.105€”.  Rubén Arroxo afirmou que “debido ao mantemento preventivo que se realizará nas instalacións, o Concello de Lugo poderá aforrar gran parte da inversión en avarías que estaba realizando até o de agora”. Ademais, Rubén Arroxo declarou que “este contrato pon facilidades á Xunta de Galiza para que se faga cargo das caldeiras dos 18 centros de ensino, ao conformar a totalidade destas caldeiras un dos lotes do contrato”.

A Concellería de Infraestruturas Urbanas abrirá tamén o procedemento de adxudicación do servizo de mantemento e conservación de vías urbanas  e do servizo de mantemento, conservación e reparación dos edificios municipais.

Ao respecto da concellería de Educación e Difusión do Coñecemento, Rubén Arroxo anunciou a contratación dos servizos de cociña, comedor e lavandería das escolas infantís municipais Serra de Outes e Gregorio Sanz, para os que se reservan un total de 80.800€ en Serra de Outes e 87.200€ en Gregorio Sanz, por un período de 2 anos, xunto coa aprobación dos pregos do servizo de mantemento dos CEIP e Escolas Infantís Municipais.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.