Lugo ilumina o xardín Ibañez Méndez, na Fonte dos Ranchos

Alexandre Penas: “instaláronse farolas recubertas cun polímero illante pensando na seguridade das nenas e nenos”

O concelleiro de Infraestruturas Urbanas, Alexandre Penas anunciou a instalación de 10 puntos de luz no xardín Ibañez Méndez, no entorno da fonte dos ranchos. Segundo indicou Alexandre Penas, “trátase dunha actuación moi solicitada pola veciñanza da contorna, ao ser unha localización moi utilizada tanto para o paseo como para os xogos infantís”.

“Instaláronse farolas LED, que permiten aforrar enerxía respecto á iluminación tradicional”, afirmou Alexandre Penas, que engadiu “ademais, as columnas están cubertas cun polímero illante que aumenta a seguridade da instalación, pensando na seguridade das nenas e nenos que utilizan este parque”. En total, a concellería de Infraestruturas Urbanas investiu 31.201,93€ nesta actuación.

Segundo indicou Alexandre Penas, “durante as fases da desescalada nas que as zonas de xogo infantís teñan que estar pechadas, só se activará a iluminación da zona de paseo, e, unha vez se chegue á situación de normalidade, poñerase en marcha a totalidade da instalación”.

Foto: (Arquivo)

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.