Marea Veciñal de Touro presenta unha proposición da creación do programa “Esperta Touro” de apoio ás empresas do municipio

Esta situación excepcional require de medidas excepcionais que estén á altura do que demanda a sociedade. Sen embargo o goberno presidido por Ignacio Codesido apostou por impoñer unha situación de anomalía democrática, cortando a comunicación coa oposición e deixando correr os días sen aportar solución algunha ós múltiples problemas que está sufrindo a veciñanza.

 Ante esta situación de DESGOBERNO, a MAREA VECIÑAL TOURO TOMA A INICIATIVA E PRESENTA UNHA PROPOSTA (PROGRAMA TOURO ESPERTA) AXUSTADA Á REALIDADE DA VECIÑANZA, E QUE DE SER APROBADA POLO PLENO SERÁ O PLAN DE REACTIVACIÓN ECONÓMICA E RESCATE SOCIAL MÁIS IMPORTANTE DA HISTORIA DO NOSO MUNICIPIO.
Como puxemos de manifesto no plan de emerxencia social presentado a comezos do mes de abril, o orzamento 2020 aprobado  para este ano non é válido para a realidade actual; non é valido para dar resposta ás necesidades da veciñanza, á emerxencia sanitaria, social e económica que estamos vivindo.
É necesario acometer modificacións de crédito sobre o orzamento de 2020 para dotar de recursos as necesidades das nosas Autónomos/Microempresas.
Ciframos a dotación do programa TOURO ESPERTA en 200.000 euros.
Este programa está dirixido ós colectivos vitais na recuperación económica do noso concello: AUTÓNOMOS, MICROEMPRESAS e PEQUENAS EMPRESAS.
Segundo reflexa o Instituto Galego de Estatística (IGE) a finais do ano 2019 o total de autónomos dos diferentes réximes do noso concello ascendía a 454. Moitos deles víronse nunha situación de extrema vulnerabilidade ante a imposibilidade de exercer o seu traballo con normalidade, tendo que dar conta de gastos fixos e vendo reducidos os seus ingresos dun xeito drástico. Na mesma situación atópanse as MICROEMPESAS e PEQUENAS EMPRESAS, que son o principal motor da economía do noso concello. As prestacións que puxo en marcha o goberno do Estado deben ser complementadas por outras administracións para paliar na medida do posible as perdas ocasionadas polo peche e permitir a reactivación económica. A ausencia de axudas da Xunta de Galicia (máis alá de créditos que perpetúan o endebedamento) fai imprescindible unha actuación sólida por parte da nosa administración local. A lexislación vixente outórgalle capacidade ós concellos para conceder subvencións; non caben polo tanto escusas de índole xurídica para que o grupo do goberno non vote a favor desta proposición.
A excesiva carga burocrática penaliza a Autómomos, Microempresas e Pequenas Empresas á hora de acceder a axudas; por iso é imprescindible que a o Concello reduza ó máximo a burocracia. Esta é a vocación desta proposición: Reducir burocracia, concesión en axudas en condicións de xustiza social, AXILIDADE e EFICACIA.
É por isto que en relación cos AUTÓNOMOS/MICROEMPRESAS/PEQUENAS-EMPRESAS con domicilio fiscal no CONCELLO DE TOURO propoñemos.
-SUBVENCIÓNS DIRECTAS en réxime de concorrencia competitiva até agotar o crédito inicialmente previsto de 200.000 euros (compatibles con axudas doutras administracións) por importe total por AUTÓNOMO/MICROEMPRESA/PEQUENA-EMPRESA (nun único pago) de 1.050 €uros (importe do salario mínimo) ou 525 €uros, segundo os casos. 1.050 €uros para os casos en que a actividade que desenvolven sufrira unha redución da facturación neste período do 75% mensual respecto ao promedio (mensual) dos seis meses anteriores ao estado de alarma; 525 €uros para os que sufriron unha redución mesual da facturación de polo menos o 50% e inferior ó 75% respecto ao promedio (mensual) dos seis meses anteriores ao estado de alarma.
Estas subvencións está suxeitas a manter a actividade e a totalidade plantilla existente antes de decretarse o estado de alarma, e durante os 6 meses posteriores ó ingreso da subvención (mediante unha declaración responsable).

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.