Marín inicia a elaboración dun Plan de Acción polo Clima e a Enerxía Sostible

Trátase da tarefa clave no que respecta á adhesión do municipio ao Pacto de Alcaldes e Alcaldesas polo Clima e suporá a redución das emisións nun 40% de cara a 2030

A concelleira de Medio Ambiente, Marián Sanmartín, reuniuse esta semana con membros da empresa Innova Labs para fixar as bases da elaboración do Plan de Acción polo Clima e a Enerxía Sostible (PACES), peza fundamental da estratexia que o municipio seguirá baixo o paraugas do Pacto de Alcaldes e Alcaldesas polo Clima.

O plan terá como obxectivo fundamental a redución de emisións contaminantes no termo municipal nun 40% cun horizonte temporal fixado no ano 2030. Para poder definir a estratexia de acción e elaborar o plan, realizaranse novas sesións de traballo cos equipos do Concello, así como varios encontros de traballo con representantes dos actores económicos e sociais máis relevantes da vila.

De todas esas aportacións, sairá o documento do Plan, que logo se porá en marcha. As accións e iniciativas que se desenvolvan nel terán aplicacións en distintos eidos: costeiro, portuario, rural… e servirán para conseguir unha vila máis limpa e máis sostible a nivel medioambiental.

Mellora do medio ambiente, tamén co Marín Dusi

Esa mellora na calidade de vida da xente e do medio ambiente é un piar fundamental tamén na Estratexia Marín Dusi, financiada nun 80% cos Fondos Feder da Unión Europa. A mobilidade urbana, coa humanización da Avenida de Ourense e a instalación dun carril bici, así como a mellora e remodelación do Paseo Alcalde Blanco, son bos exemplos diso.

Tamén o edificio proxectado para albergar o Auditorio terá un deseño de moi baixo impacto ambiental, implicando incluso cubertas vexetais en diversas fachadas e sendo un inmoble de gasto enerxético case nulo.

As luminarias que se instalarán ao longo da Avenida de Ourense tamén serán unha forte aposta polo aforro enerxético.

Comparte:

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

3 + 13 =

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.