Marín inicia a pavimentación de certos tramos de rúas do casco urbano

O Concello de Marín informou esta mañá do inicio de diversos traballos de pavimentación de tramos de rúas no casco urbano que precisaban de retoques no seu trazado debido a estragos causados polo paso do tempo e pola utilización dos viais

Estes traballos de mantemento comenzaron hoxe e desenvolveranse nas rúas Vidal Pazos, Sagrada familia, no tramo comprendido entre a rúa Lameira e a rúa do Forte, nun  lateral do cemiterio da Raña e na baixada do CEIP A Laxe, que remata na República Arxentina.

Con estes labores trátase de garantir a seguridade viaria corrixindo aqueles desperfectos presentes nos viarios, así como mellorar a imaxe global das rúas do casco urbano da vila marinense.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.