Marín instala dous composteiros comunitarios no Sequelo e na Cañota

O seu uso aínda non estará dispoñible debido á situación da crise sanitaria, pero xa quedará todo listo para cando comece a súa actividade. A Fundación Juan XXIII será a encargada do seu mantemento

A compostaxe comunitaria xa é unha realidade no nosa vila. Despois de que o sistema de compostaxe individual, unha modalidade ofrecida polo Concello nas parroquias rurais e semiurbanas en colaboración con Sogama, tivese enorme éxito, o Goberno local decidiu apostar tamén por dotar á vila de dúas estacións comúns para compostar os residuos orgánicos.

No día de onte, instalouse o composteiro que estará ubicado no Sequelo e durante a xornada de hoxe rematouse de colocar o da barriada da Cañota. Así a todo, o Concello afirma que aínda non se abrirá o seu uso, debido á situación de crise sanitaria que estamos a vivir e porque “sería preciso convocar ás persoas interesadas na súa utilización para poder explicar o seu funcionamento, pero iso non é posible facelo nestes momentos”.

Deste xeito, o Concello seguirá organizando estas instrucións básicas para que “no momento que sexa viable e seguro sanitariamente, poidamos abrilos para que a veciñanza poidan utilizalos”.

No que respecta ao mantemento, serán os operarios da Fundación Juan XXIII, coa que o Concello traballa estreitamente nas actividades de mantemento e coidado de xardíns e espazos verdes, co obxectivo de promocionar a inclusión laboral e social das persoas con discapacidade coas que traballa esta asociación.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.