Marín reabre as pistas de tenis con cita previa e un máximo de dous xogadores por partido

Coa entrada da localidade na fase 2 tamén volve retomar a actividade a pista de atletismo de San Pedro para deportistas profesionais, de alto rendemento e federados, que non teñen que ser necesariamente atletas, cun máximo de 6 persoas á vez na pista

O Concello de Marín segue traballando na adaptación de todos os servizos municipais ás novas flexibilizacións do confinamento que trae consigo a entrada da comunidade na fase 2 desde este luns.

No que respecta ao mundo deportivo, o concelleiro de Deportes, Antonio Traba, informou de que as pistas de tenis da localidade estarán abertas para calquera cidadán, sempre baixo cita previa e xogando a un máximo dun contra un.

Tamén reabre a pista de atletismo para deportistas profesionais, de alto rendemento e federados, non necesariamente atletas, cun máximo de 6 persoas á vez na pista, sen posibilidade de utilizar vestiarios e tamén con cita previa.

Para ambas cuestións, a reserva pode facerse a través do teléfono 610101886 en horario de mañá. De momento, o Concello manterá os pavillóns cubertos pechados.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.