Narón reanuda a contratación de obras na zona urbana e rural

O Concello reanudou o proceso de contratación de varias obras proxectadas na zona urbana e rural do municipio valoradas, en conxunto en 952.285 euros

“Trátase dun investimento moi importante que nos permitirá dotar de melloras e novos servizos a varios núcleos do termo municipal, continuando na liña de traballo para acondicionar viais, ampliar a rede de saneamento e tamén seguir avanzando en materia de accesibilidade”, explicou a alcaldesa, Marián Ferreiro.

En canto aos viais, avanzou, procederase a reforzar a rodadura de camiños da zona rural, localizados nas parroquias de Castro, San Xiao, O Val, Pedroso, Sedes, San Mateo e Doso. Trátasde dunha intervención orzamentada en 241.402 euros e que se cofinanciará con cargo ao POS adicional 2019 da Deputación da Coruña. Con cargo a esta mesma actuación tamén se mellorará o acceso á estrada de Cedeira e viais como o de Cerrallón de Abaixo, Río Deza, A Chousa, en Piñeiros e o camiño de Calvario en Santa Icía, na zona urbana do municipio.

A ampliación da rede de saneamento nos lugares de Ferrerías e Prados é outra das actuacións sobre as que se reanuda o proceso de contratación. Neste caso, tal e como indicou Ferreiro, trátase duns traballos que suporán un investimento de 554.236 euros, unha contía, “coa que se procederá a instalar un colector nesa zona para ofrecer o servizo a algo máis de 70 vivendas”, recordou Ferreiro. Noutro lote de obras, e a cargo da empresa Cosma, neste mesmo tramo procederase a instalar a rede de abastecemento, tal e como xa avanzou o Concello, para dotar do servizo a unhas sesenta vivendas localizadas nas inmediacións da estrada DP-5404.

As obras encamiñadas a mellorar a accesibilidade no termo municipal forman tamén parte das que se reanudará o proceso de contratación. Nesta área levaranse a cabo nos vindeiros meses os traballos de mellora de accesibilidade na rúa da Paz, na zona do Alto, e na rúa Mugardos, na Gándara. Estas actuacións suporán un desembolso de 54.449 e 102.198 euros, respectivamente, ás arcas locais.

“En canto remate o proceso de contratación comezarase a execución destas obras, que estarán rematadas antes de finais de ano e que se completarán con outros proxectos que se irán impulsando a través do goberno local”, apuntou a alcaldesa.

Comparte:

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

4 × 4 =

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.