Narón reforza a desinfección de centros de ensino trala apertura da tramitación das matrículas

Persoal do Speis de Narón e da empresa Urbaser iniciou o pasado luns os traballos enmarcados no Plan especial de desinfección de centros escolares. Trátase dun labor, tal e como recordou a alcaldesa, Marián Ferreiro, “co que se reforzan os traballos de limpeza e  desinfección que levan a cabo as empresas que se encargan deste servizo nos respectivos centros de ensino da cidade”

A reapertura do centro con motivo do proceso de matriculación do alumnado nos colexios públicos e concertados e institutos da cidade –en segundo ciclo de Infantil, Primaria, ESO e Bacharelato- levou a intensificar estas tarefas para ofrecer tanto ao persoal docente como ás familias todas as garantías sanitarias á hora de realizar os trámites pertinentes.

“Os traballos dos profesionais do Speis e Urbaser reforzan a desinfección tanto de zonas interiores e exteriores dos centros, respectivamente, concretamente no primeiro dos casos actuando no tramo que percorren as familias que se dirixen aos centros para realizar as matriculacións”, apuntou a alcaldesa. A desinfección, ao igual que se leva facendo nas últimas semanas noutros puntos da cidade, é a base dunha solución de hipoclorito, seguindo deste xeito o mesmo protocolo establecido polo Speis de Narón para a desinfección para frear a posible propagación da Covid-19, e tamén se está empregando un atomizador que polas noites desinfecta diante dos colexios, completando os traballos polas mañás con baldeadoras e mochilas atomizadoras.

Os traballos estanse realizando pola noite e a primeira hora da mañá nos centros, ata donde se desprazan os profesionais co material necesario e que adica ás tarefas o tempo preciso, que varía en función de cada un dos centros. “O labor complementa ás tarefas que nesta área tamén se están facendo a diario nos propios centros de ensino, entendendo que debemos ofrecer as máximas garantías hixiénicas a todas as persoas que acuden aos centros e así o faremos ata que se peche oficialmente o prazo de tramitación das matrículas”, asegurou Ferreiro.

A maiores, tamén se entregaron un milleiro de cubrebocas para que os conserxes dos centros os entreguen a aquelas persoas que acudan sin este tipo de protección aos colexios. “Dende o primeiro día dispoñen deste material e no caso de que sexa preciso e así nolo comuniquen, entregarémoslles máis unidades”, indicou a alcaldesa.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.