Nestor Rego pregunta no Congreso polo inicio das obras de soterramento do tráfico na Avenida das Mariñas

O deputado do BNG lembra na súa interpelación parlamentaria que a tramitación xa estaba avanzada e que só falta por saber “cando comezarán unhas obras polas que se agarda desde hai máis de 15 anos”

O deputado do BNG no Congreso Néstor Rego vén de rexistrar unha iniciativa parlamentaria en forma de pregunta, dirixida ao Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana, para coñecer que prazos manexa o departamento do que é titular o socialista José Luis Ábalos para o inicio das obras de soterramento do tráfico na AC-12 ao seu paso pola parroquia oleirense de Perillo, no cruzamento coñecido como do Sol y Mar.

Na súa iniciativa Néstor Rego lembra que a tramitación desta intervención, longamente demandada tanto polo Concello de Oleiros e outros municipios da comarca como, moi especialmente, pola veciñanza da zona, está xa moi avanzada e “practicamente” só quedaría por definir os prazos de execución e o inicio das obras. “Sendo conscientes de que a crise sanitaria causada pola COVID19 e a declaración do Estado de Alarma ten paralizado moitos proxectos, instamos o Ministerio a reiniciar actuacións polas que se leva agardando tantos anos”. O primeiro proxecto para o soterramento do tráfico no cruzamento do Sol y Mar data de 2004.

O BNG lembra ao Ministerio na iniciativa rexistrada que Perillo é a segunda parroquia máis poboada do concello de Oleiros e que só na contorna da Avenida das Mariñas, unha travesía urbana en toda regra, aínda que non teña esa consideración legal, calcúlase que viven arredor de 4000 veciñas e veciños, ao que hai que sumar a actividade económica que xera o polígono empresarial situado na zona. A pesar disto, nunca se executou para esta vía, continuación da N-VI, un deseño urbano que atendese as necesidades de mobilidade peonil segura das persoas residentes. Por iso toda actuación nesta zona, ao entender do BNG, debe ir encamiñada ao calmado do tráfico en superficie e a humanización da mesma, asegurando o dereito a unha mobilidade peonil e ciclista segura que redunde na calidade de vida das e dos residentes.

Comparte:

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

once − ocho =

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.