O 1 de xuño reactívase a zona azul para aparcar en Vigo

Abel Caballero explicou que a decisión se toma dada a recuperación da actividade comercial e de hostalería pola que se está detectando rotación no uso dos aparcamentos regulados

“O período de suspensión chega ao seu fin coa nova normalidade”, explicou Abel Caballero, ao dar conta da recuperación da zona azul de estacionamento regulado e controlado na vía pública, que quedara en suspensión o pasado mes de marzo polas restricións do estado de alarma.

Coa entrada na fase 2 da desescalada establecida polo Goberno Central, Vigo recupera o funcionamento do comercio, da hostalería e da actividade en xeral polo que o goberno municipal determinou a reactivación da XER desde o vindeiro luns, 1 de xuño, logo de detectar tamén que se están producindo rotacións nos vehículos que empregan a zona azul de estacionamento.

Primeiro día de praia

En canto ao funcionamento das praias no primeiro día da fase 2, o rexedor informou que a Policía Local trasladou que o comportamento cidadá xeral fora moi positivo, civilizado e gardando as distancias de seguridade.

Caballero volveu recomendar á cidadanía viguesa a utilización do dereito das rúas durante os paseos, de xeito que queden os edificios á dereita para facilitar o tránsito seguro e coa distancia recomendada entre os viandantes.

Nos controis realizados polos axentes onte luns para garantir o cumprimento do estado de alarma denunciáronse 2 terrazas por colocación e exceso de meses, das 17 controladas.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.