O 97,68% do alumnado de cuarto de infantil obtivo praza no centro educativo escollido en primeira opción

Este ano rexistráronse 1032 solicitudes máis que para o curso 2019-2020

O 97,68% do alumnado que solicitou praza en 4º de educación infantil – 3 anos- nos centros educativos sostidos con fondos públicos nas 4 provincias galegas para o vindeiro ano académico 2020/21 obtívoa no colexio escollido como primeira opción. Este ano recibíronse en toda Galicia un total de 17.102 solicitudes para ese curso, 1.032 máis ca no curso anterior; polo que resulta suficiente a oferta de prazas deste curso de infantil, 27.160 postos escolares

Dentro do mencionado colectivo de alumnado de 3 anos, tan só un 2,32 % non acadou unha praza no centro de primeira escolla. Para esta pequena porcentaxe, as prazas serán asignadas este ano, e con carácter excepcional, polos servizos territoriais de inspección educativa de cada unha das xefaturas territoriais da Consellería, atendendo aos seguintes centros da preferencia marcada na solicitude de admisión.

Os datos polas 4 provincias son os seguintes:

Provincia  Solicitudes recibidas Escolarizados en 1ª opción
A Coruña 7346 97,26 %
Lugo 1749 97,48%
Ourense 1589 97,80%
Pontevedra 6418 98,18 %
Galicia 17102 97,68 %

Os datos polas 7 principais cidades son os seguintes:

Provincia  Solicitudes recibidas Escolarizados en 1ª opción
A Coruña 1732 94,63 %
Ferrol 404 99,50 %
Santiago de Compostela 804 95,40 %
Lugo 613 95,27 %
Ourense 768 97,53 %
Pontevedra 666 99,25 %
Vigo 2120 97,03 %
Comparte:

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

2 × cuatro =

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.