O Barco celebra o 17 de maio con palabras pouco usadas do galego de Valdeorras

Será un 17 de maio desde a casa e coas redes sociais como canle para as expresións a prol da lingua e da literatura de Galicia. Neste caso a concellería de Cultura e Educación do Barco propón poñer en común palabras pouco usadas do galego de Valdeorras, un xeito de reclamar maiores espazos de uso para a nosa lingua

Co gallo do 17 de maio (Día das Letras Galegas) e como non se pode celebrar a programación prevista, que está adiada para a semana do 31 de outubro (cando a Academia Galega acordou facer os actos na honra de Ricardo Carvalho Calero) o Concello de Valdeorras convoca unha pequena festa virtual da palabra a través das redes sociais.

Trátase de que cada participante poña nesta semana unha palabra do galego falado en Valdeorras que considere que é pouco usada, que está esquecida na actualidade, que usa a xente maior ou que se fai en ámbitos reducidos. Xunto a palabra e unha pequena explicación do seu significado pode achegarse o seu lugar de procedencia e unha fotografía ou ilustración que axude a describila. Poden usarse os hashtag #PalabrasPoucoUsadas e #GalegoDeValdeorras

Trátase dunha pequena homenaxe desde Valdeorras, en tempo de confinamento, para Ricardo Carvalho Calero (1910-1990) historiador da literatura, crítico literario, filólogo, lingüista e escritor galego, a quen se lle dedica este ano o Día das Letras.

A Biblioteca Pública do Barco, pola súa banda, organizou unha actividade de debuxo para os nenos, con difusión nas redes sociais.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

cinco × cinco =

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.