O barrio da Milagrosa adaptarase ao novo Plan de Tráfico do Concello

Os traballos terán unha duración de dous meses, nos que se establecerán distintas restricións á circulación

No día de hoxe comezaron os traballos de replanteo no barrio da Milagrosa para a adaptación do novo Plan de Tráfico. Segundo Rubén Arroxo, “esta actuación ten como obxectivo mellorar a circulación do tráfico e a seguridade viaria na zona”.

Rubén Arroxo indicou que “entre as actuacións previstas para mellorar a seguridade dos veciños e veciñas da zona está o desprazamento de varios pasos de peóns”. Ademais, “reordenaremos o tráfico para aumentar a súa fluidez”. Rubén Arroxo anunciou que as rúas Xulia Minguillón e Mallorca cambiarán de sentido “creando así unha supermazá que una a avenida da Coruña e Yañez Rebolo, permitindo o xiro en sentido horario”.

 Na Avenida da Coruña, modificarase o acceso á praza Agro do Rolo, a través dunha nova incorporación, a cal agora está habilitada provisionalmente para os buses urbanos. Ademais, Rubén Arroxo indicou que noutras rúas mudarán o sentido da circulación.

A empresa Estradas Gallegas S.L. terá un prazo de dous meses para realizar as adaptacións, que foron licitadas por 32.522,42€. Desde a área de Mobilidade lémbrase á veciñanza que mentres se realicen os traballos poderán establecerse limitacións na circulación do tráfico.

Comparte:

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

18 − ocho =

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.