O BNG de Culleredo lembra ao Alcalde “demandar os fondos POS da Deputación”

O prazo remata esta semana e o goberno non informou de se está tramitando estas axudas

“A Deputación da Coruña vén de ofrecer novos fondos POS aos concellos coa finalidade de minimizar as consecuencias da pandemia do coronavirus, tanto como para cubrir gastos sociais extraordinarios, como para e investimentos. Só fai falla pedilos” declaran dende a formacion nacionalista.

Culleredo ten dereito a 81.771,60€ para o financiamento dos gastos sociais extraordinarios derivados da COVID-19 (POS+ADICIONAL 1/2020) e 306.643,49€ para investimentos no POS+ADICIONAL 2/2020. A cuberta da polideportiva de Ledoño e a mellora do carril bici do paseo marítimo están pendentes desas achegas da Deputación.

“En Culleredo, o goberno municipal non informou á oposición se está tramitando estas liñas de axudas, nin a celebración do pleno preceptivo, malia que o venres 29 remata o prazo para a súa solicitude”.

Varios concellos lindeiros, como Oleiros e Cambre convocaron xa os órganos encargados de informar para a solicitude destes fondos adicionais da entidade provincial e celebrarán o pleno necesario para a súa aprobación esta mesma semana.

“Non están os tempos para deixar todo pendente para o último momento. A oposición ten dereito a estar ao tanto da tramitación de cuestións de gran importancia como son estas axudas tan necesarias para contribuír a axudar a saír da crise mediante as achegas e investimentos que colaboren na dinamización económica”.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.