O BNG de Culleredo reclama a normalización na representación da veciñanza no Concello

Varios concellos da Comarca, así como a propia Deputación recuperaron xa o funcionamento habitual de plenos e comisións

“A dinámica da representación municipal no Concello de Culleredo leva detida no arredor de mes e medio que levamos de confinamento polo coronavirus” declaran dende a formación nacionalista. “Os órganos municipais nos que se ve representada toda a veciñanza levan dous meses sen convocarse”. “Por todo isto, o BNG de Culleredo vén de rexistrar unha solicitude ao goberno municipal para que se convoquen de inmediato Plenos, Comisións Informativas e calquera outro órgano que a Corporación Municipal considere necesario”.

“Desde un primeiro momento, o Bloque Nacionalista Galego de Culleredo foi comprensivo coa situación e puxo da súa parte, ofrecendo a súa axuda e promovendo medidas para aliviar as consecuencias da crise provocada pola pandemia do coronavirus. Moitas desas ideas foron aplicadas polo goberno local”.

“Mais varias cuestións trascendentes están agardando á recuperación da normalización no funcionamento da corporación.  Inexplicablemente, Culleredo está a día de hoxe sen orzamento para o 2020, que debería estar aprobado antes de finalizar o 2019 e que nos permitiría estar dispoñendo de recursos para poñer en marcha medidas de apoio económico e social á veciñanza como as que estamos vendo noutros concellos da contorna. A liquidación do orzamento de 2019 tamén está pendente, o que nos permitirá determinar se existe superávit que proporcione máis recursos económicos”.

A Deputación da Coruña ofrece unha ferramenta para que os concellos convoquen os órganos oficiais, de forma que se poida avanzar en cuestóns moi relevante e que foron adiadas todo este tempo.  O BNG demanda a reactivación da actividade municipal e o cumprimento das obrigas democráticas por parte dos representantes institucionais”.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.