O BNG de Viveiro insta á Deputación de Lugo a colocar “urxentemente” quitamedos na CP-6502

A portavoz municipal do BNG en Viveiro, Míriam Bermúdez, volve instar ao presidente da Deputación de Lugo José Tomé Roca a actuar con urxencia na estrada de titularidade provincial CP-6502 que atravesa a parroquia viveirense de Chavín e conecta este concello cos concellos de Vilalba, Muras e Ourol, como xa fixeran no pasado mes de febreiro

Un víal, denuncia Míriam: «estreito, de curvas perigosas sen visibilidade, que non conta con beiravías nin arcéns, cun firme en mal estado e intransitábel en varios tramos. Un vial, cuxa perigosidade se agrava ao carecer nas súas marxes de elementos de protección para @s condutores que circulan por esta estrada na que se atopan con pendentes e barrancos pronunciados en varios puntos do seu trazado.»

Os nacionalistas urxen á Deputación de Lugo para que a Área de Xestión Territorial do ente provincial leve a cabo a instalación de barreiras de protección na estrada de titularidade provincial CP-6502, na zona coñecida como A Maraleixa, posto que nas ultimas semanas viñeron facéndose traballos de tala de masa árborea nesta zona, onde as árbores que estaban nas marxes da estrada provincial e que servían de elemento natural de contención para os vehículos foron talados, co consecuente perigo engadido que supón para a veciñanza circular por esta estrada a diario sen contar con ningún elemento de contención nin barreira de protección, alertou a portavoz nacionalista.

Desde o BNG de Viveiro demandan tamén a renovación e colocación destas barreiras de protección e seguridade en todos aqueles tramos perigosos das estradas de titularidade provincial estradas que discurren polo termo municipal de Viveiro, que tamén remitirna en febreiro á Deputacion (2604, 2610,3810, 6412, 6601, 6602, 6603, 6604, 6605, 6606, 6607, 6608, 6610, 6611, 6612 e 6613) e ademais que as barreiras de protección que se empreguen inclúa unha barreira de seguridade especial para motoristas e ciclistas co obxecto de reforzar a seguridade destes colectivos vulnerábeis, axudando a reducir a gravidade das lesións e evitae as posíbeis amputacións ou lesións medulares que podan sufrir en caso de accidente.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.