O bus urbano da Coruña retomará a parada en Santa Cristina a partir do 15 de xuño

Igual que o pasado verán, a liña de bus urbano 1-A da Coruña vai estender o seu percorrido ata Santa Cristina desde o 15 de xuño ata o 15 de setembro. As frecuencias oscilarán entre os 15 e os 20 minutos en ambos sentidos

De luns a venres, o primeiro bus sairá ás 6:30 horas do Abente y Lago e o último ás 23:00 horas. Os sábados haberá buses desde A Coruña de 6:30 a 22:50 horas. Os domingos o servizo irá desde as 7:25 ata 23:00 horas. Desde Santa Cristina, de luns a venres, haberá buses desde as 7:00 ata as 22:55 horas. Os sábados os horarios serán de 6:55 ata 22:09 horas. Os domingos e festivos de 7:50 a 22:46 horas.

“Pretendemos que este autobús non só preste servizo do 15 de xuño ao 15 de setembro, senón que chegue a Oleiros durante todo o ano. Nesa batalla estamos inmersos pero a Xunta, polo momento, non atendeu as nosas demandas”, dixo o alcalde Ángel García Seoane.

O Concello de Oleiros propuxo en 2018 a creación deste servizo de transporte público para mellorar a mobilidade nas estradas da comarca, evitar problemas de aparcamento e reducir o uso do vehículo privado.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.