O ciclo de conferencias ‘O reto demográfico’. Máis Rural, Máis Lugo, celebrará este venres, día 8, a súa segunda xornada

Esta vez, como consecuencia das medidas para evitar contaxios nesta crise sanitaria debida ao coronavirus Covid-19, será unha xornada telemática, na que participarán a presidenta provincial do PP, Elena Candia, que exercerá como moderadora; Sara Bianchi, en representación da rede de Áreas Escasamente Pobladas del Sur de Europa (SSPA); e os profesores universitarios Felipe Debasa Navalpotro, da Rey Juan Carlos, e Santiago Lago Peñas, da Universidade de Vigo. A videoconferencia comezará ás 19.30 horas e poderase seguir desde www.ppdelugo.es.

Sara Bianchi, actualmente coordinadora da rede SSPA, estudou Ciencias Políticas e Relacións Internacionais en Italia, na Universidade de Pavía, especializándose en Economía e Cooperación Internacional.

Durante os seus anos na universidade, entrou en contacto con proxectos europeos que a levaron primeiro a Polonia e despois a España, onde vive dende hai 5 años. Dende 2017 traballa como coordinadora da rede de Áreas Escasamente Pobladas del Sur de Europa (en inglés Southern Sparsely Populated Areas, SSPA), que é un grupo de interese europeo -inscrito no rexistro de transparencia da Unión Europea-, creado para loitar contra o despoboamento e as súas consecuencias. Naceu froito da unión da Confederación de Empresarios de Cuenca, Soria e Teruel. Desde 2013, esta rede tivo vocación de sumar a todos aqueles territorios, organizacións e entidades -tanto de carácter público como privado-, que compartan a súa misión e visión, integrando a todos os actores que poden contribuír a alcanzar os obxectivos previstos coa súa creación. A intervención de Sara Bianchi nesta xornada de O Reto Demográfico ten por título Estrategias y herramientas para las zonas despobladas.

Felipe Debasa Navalpotro é doutor en Dereito, profesor de Mundo Actual da Universidade Rey Juan Carlos, unha universidade que entra no 2019 na Clasificación de Xangai que inclúe ás mellores Universidades do Mundo. A disciplina de Mundo Actual encárgase de analizar desde a historia as transformacións sociais desde o final da II Guerra Mundial e especialmente desde a desaparición da URSS. Debasa coñece máis de 60 países, ten relacións académicas con 10 países e foi profesor visitante da Universidade de Linguas e Cultura de Pequín. Navegou por case todos os mares e océanos da terra incluíndo a Antártida, o Círculo Polar Ático ou a Canle de Panamá. Activo defensor da criopreservación como dereito inalienable individual e do acceso a Internet como Dereito Humano. Socio e alumno de escola do Real Aeroclub de Lugo. É licenciatario de TEDxMondonedo. A súa intervención nesta xornada de O Reto Demográfico tratará sobre Lonxevidade e demografía no Mundo Actual.

MARTA G. BREA. 18.6.12, VIGO.- ENCUENTRO SOBRE LA ECONOMIA GALLEGA, OPORTUNIDADES Y PROPUESTAS EN EL MARCO DE LA UNIVERSIDAD INTERNACIONAL MENENDEZ PELAYO EN EL CLUB FINANCIERO VIGO (CFV). EL ECONOMISTA Y PROFESOR SANTIAGO LAGO PENAS, CONFERENCIANTE Y DIRECTOR DEL CURSO.

Santiago Lago Peñas é catedrático do Departamento de Economía Aplicada da Universidade de Vigo. Dirixe o grupo de pesquisa GEN e é editor executivo da revista Hacienda Pública Española / Review of Public Economics; editor asociado da revista e-publica; investigador asociado do IEB e colaborador de FUNCAS; codirector de RIFDE, director do Foro Económico de Galicia e director da Cátedra de Empresa Familiar da Universidade de Vigo. Experto para o Banco Mundial, a Comisión Europea (H2020), a OCDE, o Forum of Federations, a RAND Corporation e a Assembly of European Regions. Entre 2003 e 2011 foi conselleiro do Consello Económico e Social de Galicia e presidente do Accessibility Working Group da Atlantic Transnational Network entre os anos 2003 e 2005. Membro da Comisión de expertos para a reforma do financiamento autonómico. Membro do comité asesor do Plan Estratéxico de Galicia 2015-2020 e do Observatorio galego de dinamización demográfica. Na actualidade, columnista de El Mundo e Faro de Vigo e colaborador habitual de Cadena Ser. A súa conferencia leva por título  Desenvolvemento económico e demografía. Unha axenda para Galicia.

A presidenta provincial do Partido Popular, Elena Candia, sinala que a perda de poboación en partes do territorio provincial é unha realidade, un feito que se agrava paulatinamente, con repercusións económicas e sociais; é unha tendencia á que hai que poñer coto e tratar de reverter. Declarou: “Sobre esta perda de habitantes, con graves consecuencias para a provincia, a sociedade lucense ten manifestada a súa fonda e sincera inquedanza. No Partido Popular estamos seriamente preocupados polo que consideramos un dos principais problemas da nosa provincia e por iso tomamos a iniciativa e queremos buscar solucións. Así xorden estas xornadas que titulamos O Reto Demográfico. Máis Rural, Máis Lugo”. Recordou que a primeira xornada, celebrada en Outeiro de Rei no pasado mes de febreiro, estivo protagonizada pola conselleira de Política Social, Fabiola García Martínez, que dedicou a súa intervención ao tema Facer de Galicia o mellor lugar para formar unha familia. A declaración da pandemia e as medidas de distanciamento social para evitar contaxios obrigaron a reestruturar o programa das xornadas O Reto Demográfico.

Candia explicou que o obxectivo destas xornadas é o de mobilizar ao conxunto da sociedade da provincia, así coma o de facer ver posibles solucións e alternativas viables que permitan garantir o futuro do rural lucense. Recordou que é unha das asinantes da Declaración de Gredos pola innovación e o emprendemento para a repoboamento do rural; opina que esta declaración marca un camiño que se debe seguir, con espírito de consenso.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.