O CIM de Marín atendeu 224 consultas telemáticas durante o Estado de Alarma

Estas citas estaban relacionadas sobre todo coa xestión de recursos económicos, o dereito de familia e a atención psicolóxica

O Centro de Información ás Mulleres (CIM) de Marín continuou funcionando ao cen por cen desde o primeiro momento que se decretou o Estado de Alarma, dado que está considerado polo Concello como un servizo esencial, que seguir desempeñando o seu labor, adaptándose ás novas condicións de traballo establecidas polo coronavirus.

Segundo informou esta mañá o Concello, durante todo o mes de marzo e até o momento, as profesionais atenderon un total de 224 consultas relacionadas coa xestión de recursos económicos, o dereito de familia e a atención psicolóxica.

Por outra banda, foi necesaria a actuación coordinada co Centro de Saúde, a Policía Nacional e os Xulgados en relacións a tres casos novos de violencia de xénero que tiveron lugar durante a pandemia. O Goberno local quere mostrar a súa absoluta repulsa e condena á lacra machista, que non entende de crises.

Novo teléfono de contacto

Co obxectivo de proporcionar un maior número de recursos ás mulleres que fagan uso dos servizos do CIM e proporcionar unha atención máis rápida nos casos de violencia de xénero, abriuse unha nova  liña de telefonía móbil con whatsapp, que pode ser usada por calquera que o necesite comunicarse co CIM. O número é 671497112.

Comparte:

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

3 × cinco =

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.