O Concello de Pontevedra tramita unha modificación de crédito de 100.000 euros para aumentar as Axudas de Emerxencia Social Municipal

A concelleira de Benestar Social, Paloma Castro, tramitou unha modificación de crédito destinada a reforzar con outros 100.000 euros as Axudas de Emerxencia Social Municipal, para as que xa existía unha consignación de 100.000 euros

Deste xeito, o departamento que dirixe a socialista pasará a dispoñer de 200.000 euros tanto para o conxunto das Axudas de Emerxencia como para dar resposta ás propias necesidades e situacións de vulnerabilidade derivadas da crise sanitaria da Covid-19, un propósito este último para o que a Xunta de Goberno local aprobou hoxe unha liña específica de subvencións en especie dotada cunha primeira achega de 30.000 euros.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.