O Concello de Pontevedra e APE Galicia lanzan o programa Reinicia Pontevedra (#PonteloversPemes)

Estas inicia*vas desenvolveranse no marco do plan de acción ‘Reinicia ou  teu Negocio’ (#PonteLoversPemes), impulsado conxuntamente pola  plataforma #PonteLovers e a Asociación de Autónomos e Pequenas  Empresas de Galicia ( APE)

A Concellería de Promoción Económica do Concello  de Pontevedra e a Asociación de Autónomos e Pequenas Empresas APE Galicia poñen  en marcha o programa Reinicia Pontevedra para persoas traballadoras autónomas e  pemes. Nesta inicia@va para o relanzamento empresarial ofrécense gratuitamente dúas  accións: por unha banda, asesoramentos persoalizados para 25 negocios, e por outra  banda 7 encontros dixitais de temá@cas transversais e mul@sector.

A primeira acción do programa é o Ciclo de 7 encontros virtuais “Reinicia o teu  Negocio”. Abordarán temá@cas transversais para o tecido comercial e económico de  Pontevedra. Par@ciparán especialistas en xes@ón empresarial e mesmo emprendedores  da cidade, en diálogo, e compar@ndo experiencias.

As datas e Ntulos dos 7 encontros dixitais son:

• 11 maio: A nova relación cos clientes: recuperar e medrar.
• 14 maio: Novos valores: confiable, solidaria, sos@ble.
• 18 maio: Novo servizo ao cliente: da persoalización á loxís@ca.
• 21 maio: Técnicas de venda e equipo comercial, hoxe.
• 25 maio: Novas ideas de imaxe, publicidade e marke@ng.
• 28 maio: Estragexia de comunicación dixital e Usica.
• 1 xuño: Estratexia dixital. Evita erros e rendibiliza a inversión.

Terán lugar sempre os luns e os xoves, ás 15:30 por ser unha hora especialmente  compa@ble para o maior número de sectores. As inscricións gratuitas pódense facer xa  na web de APE Galicia, no correo info@apegalicia.es e no teléfono 697 195 540.

A segunda acción do programa son 25 asesoramentos individuais gratuitos. Trátase  de sesións singulares porque cada negocio ou microsector é dis@nto. O obxec@vo é  enfocar con acerto a reapertura, a nova saída ao mercado, o plan de relanzamento.

Neste asesoramento, poderanse compar@r 2 videoconferencias, de 1 hora cada unha,  con expertos en xes@ón empresarial.

O programa técnico está coordinado por Miguel Ángel Souto Fraga, director de CIMAK  Consultores de Vendas e Marke@ng de Pontevedra e experto formador empresarial.  Tamén contará con especialistas e emprendedores da cidade, segundo a temá@ca a  tratar en cada videoconferencia.

Segundo o enfoque deste programa de relanzamento empresarial, os 4 cambios  principais que se atopan os negocios nesta etapa de reinicio son:
1. Hai un novo cliente, afectado nos seus valores e comportamentos, que vai pedir  cousas diferentes ás empresas.
2. Hai un novo xeito de comprar, que vén dado por esa modificación de valores.
3. Hai unha nova realidade dixital que vai moito más aló de ter aberta unha web,  tenda online ou redes sociais.
4. Hai novas oportunidades de negocio que xurden, e outras que haberá que  abandoar ou adiar.

Ante esta realidade os obxec@vos desta acción son 3:
1. –Entender a dimensión dos cambios que se produciuron e potenciar a acFtude  de reacción inmediata.
2. Favocecer a reflexión estratéxica en cada negocio, e achegarlles ferramentas  prácFcas para usar dende o primeiro día tras o confinamento.
3. Ac@var e guiar de xeito individualizado ou por microsectores ás persoas  autónomas e pemes de Pontevedra.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.