O Día de Santa Rita no Barco de Valdeorras se celebrará cun “Concerto Vertical”

No medio desta crise sanitaria, no estado de alarma e confinamento, non se van celebrar as festas de Santa Rita. Unha boa parte da vida social, económica e cultural do país está parada. Mais o Concello do Barco non quere que esta data, o 22 de maio, que é festa local, pase sen pena nin gloria

Coa intención de levarlle á cidadanía unha mensaxe de optimismo e de ánimo, por programouse este “Concerto Vertical” da Fanfarria Taquikardia, unha proposta musical itinerante, divertida e compatible coas restricións actuais de mobilidade.

Trátase dun evento moi especial co que volver encher as rúas de música en directo e no que os veciños e veciñas, podan gozar desde as súas casas duns momentos de alegría e festa en familia. O concerto comezará ás 12,00 horas na praza do Príncipe, e se realizarán paradas de 15 minutos en varios puntos, sinalados no cartel, para permitir ao público das diferentes zonas que poidan seguir o espectáculo sen problemas desde as casas.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.