O Grove repartirá máscaras protectoras infantís este xoves e venres

Seguindo coas medidas preventivas municipais ante a Covid-19, o Concello vai repartir esta semana máscaras protectoras para as nenas e os nenos a partir dos 3 anos da localidade co fin de procurarlle tamén á rapazada meca unha saída dos seus domicilios máis segura

O reparto realizarase este xoves 21 e venres 22 de maio, de 16.30 a 19.30 horas na casa da cultura do Groveseguindo todas as medidas de seguridade e hixiene necesarias, que incluíron a desinfección previa destas dependencias municipais.

Desde o Concello pídese “a máxima colaboración por parte da cidadanía” e, neste sentido, agradécese que acuda a recoller as máscaras unha única persoa adulta da familia, preferiblemente sen o acompañamento de menores, para evitar aglomeracións, facilitar o mantemento das distancias de seguridade recomendadas e non poñer nun risco innecesario a saúde de ninguén.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

dieciseis + 2 =

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.