O lume derrúe unha casa abandonada en Outes

Unha casa deshabitada situada na Avenida de Sabardes, no concello coruñés de Outes ardeu por completo sen que, polo momento, se coñezan as causas que orixinaron as lapas

Tratouse dunha casa de planta baixa cuxo teito era de madeira e da que unicamente se salvaron as catro paredes. Así o indicaron os Bombeiros de Boiro tras dar por rematadas as tarefas de extinción. Ademais, confirmaron que, afortunadamente, as lapas non afectaron a outra casa lindeira e que si estaba habitada. O que si se viu afectado foi o cabreado do exterior do inmoble afectado quedando descolgado sobre a beirarrúa e entre a maleza da finca do carón. Por iso, desde o 112 Galicia informouse decontado ao persoal da compañía eléctrica que abastece a zona.

O Centro Integrado de Atención ás Emerxencias (CIAE) 112 Galicia tivo constancia do incendio ao fío das 05:00 horas desta madrugada. Foron varios particulares os que chamaron, a esa hora, ao 112 Galicia para pedir axuda. Aseguraban que ardía unha casa deshabitada no Freixo de Sabardes pero que non había persoas afectadas.

Con estes datos, os xestores do 112 puxeron en alerta aos Bombeiros de Boiro e aos membros do GES de Muros, que decontado se desprazaron ata o punto. Do mesmo xeito, informaron da situación á Garda Civil, Policía Local e aos efectivos de Protección Civil da localidade.

Foto: (Arquivo)

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.