O Mercadillo de Marín volverá á actividade o xoves só con postos de floraría, prantas, froitas e verduras

Ao permitirse unicamente a instalación dos postos que venden este tipo de artigos, xa se cumpre coa instalación dun máximo do 25% dos vendedores. É estritamente necesario que a clientela manteña a responsabilidade individual no cumprimento das medidas de prevención da saúde e da redución do risco de contaxio

O Mercadillo de Marín comezará de novo a súa actividade este xoves, pero con importantes restricións debido á normativa vixente polo Estado de alarma, que só permite a instalacións de postos que se adiquen á venda de flores, prantas e froitas e verduras.

Con estas restricións, o número de postos que cumpren con este tipo de artigos xa é inferior ao 25% máximo que esixe a Fase 1 de desescalada, na que se atopa a nosa comunidade, e tamén permite que se dea a distancia física requerida entre eles, para evitar que exista aglomeración de xente, que deberá seguir respectando de maneira estrita a distancia de seguridade de 2 metros entre persoas.

Ademais, todos aqueles que acudan ao Mercadillo, igual que se se visitan outros establecementos comerciais ou terrazas, deben cumprir co resto de medidas de prevención e de hixiene persoal para reducir ao máximo o risco de contaxios por coronavirus.

Polo momento, o resto de postos do Mercadillo non están autorizados para instalarse debido ao produto co que comercian, na maioría dos casos, prendas de roupa e calzado.

Comparte:

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

17 − dos =

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.