O Open Arms contará coa colaboración de Oleiros para a súa reparación

A ONG Open Arms, que se dedica a salvar persoas refuxiadas no Mar Mediterráneo, precisa colaboración para reparar o barco que están a utilizar e co que xa lle salvaron a vida a máis de 6.000 persoas que fuxían dos seus países polo mar

O Concello de Oleiros vai colaborar na reparación do cadro eléctrico do buque cunha aportación de 10.000 euros.

A presenza de barcos como o do Open Arms e o seu perfecto funcionamento é imprescindible para protexer miles de vidas en perigo de morte ante o baleiro humanitario existente no Mediterráneo. Actualmente o barco atópase en Burriana, Castellón, para facer as revisións regulares e mantemento periódico das súas instalacións.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.