O Porriño pechará por tramos horarios a rúa Pío XII para fomentar mobilidade peonil e reactivación económica

Un decreto da Alcaldía do Porriño establecerá, a partir do vindeiro venres 22, un peche ao tráfico rodado, por tramos horarios, da rúa Pío XII para fomentar a mobilidade peonil e ao tempo, a reactivación económicos de sectores coma hostalaría e comercio de proximidade

O decreto da alcaldesa Eva García establece que a medida que incrementará o espazo peonil no centro da vila, será efectiva a partir do mesmo venres e manterase ata o 1 de novembro.

Aplicarase segundo os seguintes tramos horarios e días:
– de luns a venres, dende as 19 horas ata a 1,30 da madrugada
– sábados, de 16 horas ata as 2 da madrugada
– domingos, dende as 8 horas da mañá ata as 2 da madrugada.

Comparte:

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

dieciocho − 13 =

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.