O TSXG dálle a razón a CCOO nun litixio que beneficia a milleiros de traballadores e traballadoras das residencias privadas

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia dálle a razón a CCOO e declara o dereito dos traballadores e traballadoras das residencias privadas da terceira idade a desfrutaren de maneira real e efectiva, diferenciada e independentemente, dos descansos semanal (día e medio ininterrumpidos) e diario (doce horas), sen que de ningún xeito poidan solaparse. Isto é, milleiros de traballadores e traballadoras ven recoñecido xudicialmente o dereito a un descanso mínimo de 48 horas continuadas.

A mesma sentenza recoñece o dereito a que os festivos traballados, caso non sexan retribuídos economicamente, sexan compensados con 1,3 xornadas laborais de descanso no suposto de acumulación coas vacacións anuais ou no caso de desfrute independente ou acumulado inferior aos 12 días festivos.
CCOO leva anos batallando polo cumprimento íntegro do artigo 38 do convenio colectivo das residencias privadas da terceira idade de Galicia e agora ve como o alto tribunal galego lle dá a razón.

Comparte:

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

20 − 15 =

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.