Oleiros contrata o servizo de limpeza de praias ata 2022

O Concello de Oleiros contratou por 354.139,84 euros o servizo de limpeza de praias para os dous próximos anos. Tamén está prevista a contratación de 40 persoas para o servizo de salvamento e socorrismo

As praias de Oleiros límpanse durante todo o inverno cada 15 días, sempre que os temporais o permiten. Durante os meses de xuño, xullo, agosto e setembro a limpeza é diaria en todos os areais.

“Estou convencido de que as praias van abrir como moi tarde a principios de xullo, coas medidas de seguridade necesarias, pero van abrir. Ademais da limpeza, tamén imos contratar 40 persoas para o servizo de salvamento e socorrismo”, comentou o alcalde Ángel García Seoane.

Comparte:

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

19 + veinte =

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.