Os alcaldes de Arbo, Crecente, As Neves e a alcaldesa de Salvaterra mantiveron unha reunión urxente para tratar sobre a reapertura da temporada de pesca da lamprea

O alcalde do Concello de Arbo, Horacio Gil, mantivo unha reunión urxente cos Alcaldes de Crecente e As Neves e a Alcaldesa de Salvaterra para tratar sobre a reapertura da pesca tradicional da Lamprea no tramo do Río Miño e no Río Tea

Como consecuencia da decisión adoptada polo Consello de Ministros Portugués, onde se autoriza a partires do día 4 de maio a reapertura da pesca tradicional nas pesqueiras na marxe esquerda internacional do Río Miño, decisión da que os alcaldes se enteraron polos medios de comunicación e ante a falta de información na parte española sobre este tema, os alcalde  e a alcaldesa dos catro municipios, reuníronse de maneira urxente este sábado, para tratar sobre a pesca da lamprea.

Na reunión os rexedores e a rexedora, decidiron remitir  un escrito conxunto dirixido á Delegación do Goberno en Galicia solicitando a reapertura da temporada de pesca tradicional nas “Pesqueiras” do tramo internacional do Miño, tendo en conta que este tipo de actividade esta considerada como pesca tradicional con destino autoconsumo.

Os alcaldes e a alcaldesa entenden que se se autoriza o desprazamento persoal para coidade de animais e a actividades relacionadas coa agricultura para autoconsumo, a pesca da lamprea debería estar dentro desta categoría.

Os alcaldes e a alcaldesa confían en que nestes días se aclare este asunto, e dende o Goberno de España se teña en conta esta pesca e os pescadores poidan acudir a pescar nas pesqueiras ou nas estacadas, sempre cumprindo coas recomendacións sanitarias.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.