Os socialistas de Monterroso demandan ao Concello que “se implique na reactivicación da economía local con axudas”

Rafael García avanzou que  rexistrou unha bateria de iniciativas, que seran debatidas no veindeiro pleno, coas que reclama reactivar ao comercio local, aos autónomos e as empresas

O Voceiro do PSOE en Monterroso, Rafael García avanzou hoxe que o Grupo Socialista rexistrou unha bateria de inciativas, que seran debatidas no veindeiro pleno, coas que reclama reactivar ao comercio local, aos autónomos e as empresas. Desde o Concello, dentro da súa capacidade económica e administrativa, tamén se poden realizar proxectos que redunden directamente na mellora da nosa calidade de vida e por suposto  na economía local.

O Voceiro Socialista explica que en, Monterroso, tras máis de dous meses do estado de alarma, prácticamente a maior parte do tecido empresarial, autónomos, hostalería, comercios e establecementos permanecen pechados ou traballando con moitas limitacións por mor do estado de alarma, por iso agoran precisan de iniciativas e propostas que contribúan a solventar a crise económica e social que nos deixa esta pandemia.

Medidas para reactivar ao comercio, aos autónomos e as empresas

1•      Aprazamento do pago de impostos e taxas locais

2•      Exoneración do pago de taxas por ocupación da vía pública, polo tempo no que a actividade se atope pechada

3•      Exoneración de taxas por utilización de espazos públicos para venda ambulante das feiras non celebradas.

4•      Estudar a posible bonificación en impostos como o imposto de actividades económicas, imposto sobre ben inmobles, imposto de vehículos de tracción mecánica, imposto sobre construccións, instalacións e obras, etc.  a  autónomos e pequenas empresas con dificultades económicas como consecuencia do COVID-19.

5•      Exoneración do pago de auga e lixo dos locais de negocio que se atoparon e atopan pechados durante o estado de alarma (en caso de estar arrendado que repurcute sobre o usuario do loca)l.

6•      Compromiso para realizar “PRONTO PAGO” a provedores.

7•      Estudar liñas de axudas económicas para a cobertura/pago das cotas dos autónomos que non estean exonerados, estudar caso a caso e sempre dentro da capacidade financieira e previo aos informes pertinentes.

8•      Potenciar o fomento de emprego municipal.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

uno + ocho =

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.