Os socialistas denuncian “o abandono da atención primaria na Mariña lucense”

Patricia Otero e Francisco Cajoto mantiveron un encontro no que advertiron das carencias do centro de saúde de Foz, xa que coa chegada da época estival incrementa a poboación en 30.000 persoas

O A Secretaria Provincial do PSdeG-PSOE na provincia de Lugo, Patricia Otero, dixo que a crise do COVID puxo de manifesto o abandono e as graves carencias da atención primaria nos centros de saúde da Mariña Lucense. Criticou que hai prazas de médico sen cubrir, algunha dende fai anos, nos concellos de Viveiro, O Vicedo, A Pontenova, Mondoñedo e Trabada.

A secretaria provincial mantivo un encontro coa Alcalde de Foz, Francisco Cajoto, diante do centro de saúde desta localidade, no que advertiron das carencias deste centro, xa que coa chegada da época estival a vila incrementa a poboación en 30.000 persoas.

“Calquera que veña á Mariña Lucense poderá constatar como hai menos profesionais sanitarios nos centros de saúde das nosas vilas, debido aos recortes e os constantes ataques que o goberno do PP estivo inflixindo á sanidade pública. Acabamos de comprobar como é fundamental investir en atención primaria, xa que estes centos de saúde, foron vitais para atender unha pandemia como a do COVID”, remarcou.

A dirixente socialista remarcou que “esta crise amosou a única faciana que ten o PP e Feijoo: os recortes e as promesas. Agora podemos e debemos reforzar a nosa Atención Primaria, para dar respostas as demandas sanitarias actuais”.

Centro de saúde de Foz

Francisco Cajoto remarcou que “a situación do centro de saúde de Foz é complicada na época estival. Como xa denunciamos, é endémica a falta de persoal que se agrava cun servizo de pediatría que non se cobre a xornada completa. Ademais o reforzo habitual dun médico para desprazados é claramente insuficiente, tendo en conta que non se cobren as baixas por vacacións do persoal. E por suposto, quero lembrar tamén a supresión dun dos técnicos de emerxencias da ambulancia medicalizada con base en Foz. Todas e cada unha destas decisións levan a cuña do PP e de Feijoo”, insistiu.

O rexedor advirte ademais que “tal e como xa denunciou o propio persoal do centro, os profesionais sanitarios non contan con ningún protocolo sanitario, nin con ningunha sala ou espazo habilitado para tratar a posibles pacientes de COVID que se acheguen ao centro de saúde. Os profesionais sanitarios están abandonados polo Goberno do PP”, resumiu.

Prazas sen cubrir en Viveiro, Vicedo, A Pontenova, Mondoñedo e Trabada

Nun contexto sanitario como o que nos esta tocando vivir coa crise do COVID, temos que denunciar que actualmente hai baixas de médicos sen cubrir e deficiencias nos centros de saúde da Mariña Lucense. Concretamente no Concello de Trabada hai unha baixa médica sen cubrir desde fai meses. En Viveiro, un Concello no que tamén aumenta a poboación na época estival de xeito moi significativo, hai dúas prazas de médicos sen cubrir, unha delas dende fai 2 anos. Ademais o persoal do centro de saúde denuncia unha carga de traballo moi grande coa crise do COVID, e hai que remarcar que tamén atende aos usuarios de Ourol e O Vicedo. En Mondoñedo o pediatra é compartido cos concellos de Lourenzá e Barreiros, e hai unha baixa dun facultativo sen cubrir. Na Pontenova das tres prazas de médico que existían, actualmente só consultan dous médicos no centro, e un dos facultativos está de baixa e non se cubriu a súa praza. En Cervo o servizo de pediatría é atendido de xeito telefónico dende o consultorio de San Cibrao. No Concello do Vicedo hai unha baixa médica, que se cubre de xeito intermitente. E no Concello do Valadouro hai que lembrar a praza de pediatría que comprometeu o PP durante unha campaña electoral, pero pasoulle como as promesas de Feijoo, levounas o aire. En Meira comparten servcio de pediatria con Pastoriza.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.