Os socialistas do Corgo esixen un Pleno extraordinario para “impulsar medidas co fin de paliar a crise do COVID-19 na vila”

Otero Besteiro lamentou a “nula comunicación e información ofrecida polo Alcalde ós grupos da oposición, xa que durante estes xa mais de 50 días non foi capaz de convocar nin a primeira xunta de portavoces cando existen medios telemáticos para facelo”

O Voceiro do PsdeG-PSOE do Corgo, Francisco Otero Besteiro Socialista esixe que se convoque un pleno extraordinario co fin de establecer unha folla de traballo para paliar a crise do COVID na vila.  “O Grupo Socialistas xa presentou diversas inciativas como a de exonerar os recibos de lixo/auga aos negocios que se viron na obriga de pechar, pero fan falla outro tipo de propostas especificas para pemes e autónomos, asi como que se abra unha liña de crédito para sufragar recibos, e axudas e bonos para as familias mais necesitadas do Corgo”, remarcou.

Otero Besteiro demanda ademais “unha relación do numero de mascarillas que recibiu o Concello, tanto da Deputación como da Xunta ou doutras entidades, para repartir entre os veciños e veciñas da vila”. Lembra que o Grupo Socialista propuxo que o propio Concello adquirise directamente un número determinado e concreto de EPI´s para garantir o abastecemento de ese material para toda a veciñanza. Ademais esixiran ao Concello que informe das características técnicas e a clasificación da categoría das mascarillas que se están entregando á poboación. “Entendemos que é unha obriga por parte do concello informar de que tipo de material está entregando, xa que é un risco enorme confundir as características de cada material”, sinalou.

Otero Besteiro lamentou a “nula comunicación e información ofrecida polo Alcalde ós grupos da oposición, xa que durante estes xa mais de 50 días non foi capaz de convocar nin a primeira xunta de portavoces cando existen medios telemáticos para facelo, co fin de intercambiar puntos de vista e información das medidas tomadas fronte o Coronavirus na vila”.

O Voceiro Socialista rexeita a aptitude do Alcalde xa “que dende o primeiro instante os Socialistas puxémonos a traballar recollendo todas aquelas recomendacións de protección, desinfección e prevención para a loita contra o COVID-19 e  trasladándollas directamente ao Equipo de Goberno. E puxémonos a disposición do Goberno para todo o que precisaran co fin de garantir a máxima seguridade e protección tanto dos veciños como dos propios traballadores municipais”.

Cartas do Alcalde coas mascarillas

Por último Otero Besteiro criticou “o repugnante uso do estado de alarma por parte do Alcalde facendo propaganda política, en vez de loitar polo principal problema como é o COVID. Tal e como quedou patente no propio reparto de mascarillas, que ían acompañadas dunha carta do Alcalde, coa que constata que está máis preocupado de sacar réditos electorais, que de prestar información, precaucións e advertencias do uso das propias mascarillas”.

Comparte:

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

5 + nueve =

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.