Os socialistas esixen a dimisión do alcalde de Abadín “pola súa nula xestión ante a crise do COVID-19”

Pablo Díaz López envíalle unha mensaxe ao Alcalde. “Márchese xa, vostede é o verdadeiro exemplo do que non se debe facer en política, abandonar aos veciños e nos asumir as súas responsabilidades nunha crise que non soubo nin quixo afrontar”

O Voceiro do PsdeG-PSOE de Abadín Pablo Díaz López esixiu hoxe a dimisión do Alcalde de Abadín, pola súa nefasta xestión diante da crise sanitaria do COVID-19.

Dende o Grupo Socialista temos que denunciar que “dende o mes de xaneiro non se celebrou ningún pleno para ter información sobre as medidas ou iniciativas a implementar polo Concello por mor desta pandemia. A día de hoxe o concello, gobernado polo PP, non informou absolutamente de ningunha medida á oposición sobre a crise sanitaria”.

O Voceiro Socialista replica que o Concello do Abadín “converteuse no último Concello da contorna en prover de mascarillas aos  veciños e veciñas, despois de máis de 40 días dende a declaración do estado de alarma. E ademais a día de hoxe puidemos comprobar que algúns veciños aínda non as recibiron hoxe”.

Tarefas de desinfección sin EPIS

Nesa liña “tamén queremos remarcar que recibimos moitas queixas dos veciños e veciñas sobre o criterio que realizou o PP para levar a cabo ese reparto, xa que segundo sinalan o criterio foi o empadronamento. Como é posible que nun estado de alarma se discrimine á poboación deste xeito?”. E preguntámonos “onde van os miles de guantes e botes desinfectantes que recibiu o Concello das distintas administracións públicas?. Ademais, as tarefas de desinfección nos espazos públicos da vila comezaron moi tarde, e os traballadores e traballadoras do Concello non tiñan ningún protocolo de seguridade e non contaban con EPIS para poder realizar o seu traballo, nin tampouco os comerciantes da feira”, sinalan.

Sen medidas económicas

E por último, as medidas económicas. “O Goberno do PP de Rancaño non ten enriba da mesa ningunha medida económica para as empresas, os autónomos e os comercios da vila, co fin de facer fronte ao impacto económico do Covid en Abadín. Con esta pandemia todas as veciñas e veciños da vila puideron comprobar a ineptitude do Alcalde e de todo o seu equipo que non é capaz de ver mais aló do seu coche oficial”.

Pablo Díaz López envíalle unha mensaxe ao Alcalde. “Márchese xa, vostede é o verdadeiro exemplo do que non se debe facer en política, abandonar aos veciños e nos asumir as súas responsabilidades nunha crise que non soubo nin quixo afrontar”, resumiu.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.