Patricia Otero: “O Delegado da Xunta na provincia está máis preocupado polos seus intereses políticos que polo benestar dos nosos maiores”

O A Secretaria Provincial do PSdeG-PSOE na provincia de Lugo, Patricia Otero, advertiu hoxe que o PP só esta preocupado “polos usuarios das residencias da Xunta. Otero fixo esta afirmación tras coñecer que o responsable territorial da Xunta en Lugo, mantivo unha xuntanza por videoconferencia con responsables de residencias da provincia de Lugo dependentes da Xunta.

A secretaria provincial remarcou que nesta situación de crise os nosos maiores “son a poboación máis vulnerable e a que ten menos mecanismos para defenderse. Por iso é máis necesario ca nunca a implicación de todas as administración, pero ao representante provincial da Xunta na provincia de Lugo está máis preocupado polos seus intereses políticos que polo benestar dos nosos maiores”, dixo.

A dirixente socialista explicou que “o Presidente da Deputación de Lugo, José Tomé Roca, mantivo diversas xuntanzas cos responsables das residencias de titularidade provincial, e realizou un novo reparto de 11.500 unidades con material de protección fonte ao Covid-19 nos catro centros de atención a maiores nas residencias de Trabada, Pol, A Fonsagrada e Ribadeo”.

Así as cousas a secretaria provincial emprazou ao responsable autonómico na provincia “ a traballar e a preocuparse por todos os usuarios das residencias da provincia de Lugo, sen distinción e sen partidismos políticos”.

Caso da Fonsagrada

Otero lembrou ademais o abandono que sufriron os usuarios e usuarios das Vivendas Comunitarias Buron I e II da Fonsagrada. Sinalou que foi o propio Concello da Fonsagrada a través da Traballadora Social quen enviou dous comunicados á Consellería de Política Social para alertar da situación que sufrían os usuarios destas dependencias privadas. Remarcou que “o primeiro comunicado enviouse á Xunta de Galicia o día 9 de marzo, e o segundo o dia 7 de abril, neste último envío tamén se enviou un escrito á Fiscalía quen abriu dilixencias”, advertiu.

Comparte:

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

ocho − 6 =

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.