Ponteceso facilita un modelo de declaración responsable aos veciños que deban cumprir a obriga de xestión da biomasa

A Xunta ampliou ata o 16 de xullo o prazo para realizar os traballos de prevención dos incendios forestais

Dada a actual situación de vixencia do estado de alarma, a Consellería do Medio Rural vén de publicar unha resolución que modifica as normas para a xestión da biomasa nas faixas secundarias, aínda que se mantén a súa obrigatoriedade dada a importancia de previr os incendios forestais.

Estes son os aspectos máis salientables da resolución, que podes consultar na ligazón que atoparás ao final desta nova:

1. O prazo para executar os traballos ampliase ata o 16 de xullo de 2020.

2. Para os desprazamentos será preciso levar unha declaración responsable que inclúa as leiras nas que se van realizar os traballos, incluíndo a identificación da parcela e a súa referencia catastral; ademais dos apeiros precisos.

Dada a importancia da resolución, e coa finalidade de facilitar as xestións á veciñanza, o Concello de Ponteceso pon á vosa disposición un modelo de declaración responsable que pode descargarse máis abaixo e da que tamén se facilitarán copias nos talleres de maquinaria agrícola e nos establecementos agrarios do concello.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.