Posta a punto en Vigo das novas ramplas mecánicas da Gran Vía

A reforma da Gran Vía de Vigo e a instalación de ramplas mecánicas poderá levarse a cabo entre este martes e este xoves. A obra presenta un orzamento próximo aos 5,2 millóns de euros, cofinanciados pola Unión Europea a través dos fondos FEDER

As ramplas mecánicas da humanización da Gran Vía quedarán estarán instaladas esta mesma semana despois de que este luns fosen descargadas xa as tres primeiras das nove cintas que están previstas entre María Berdiales e a rúa Venezuela.

Entre o martes e o xoves levarase a cabo a instalacións de todas elas e despois comezará a montaxe da estrutura da cuberta e dos vidros desta, antes da plantación da masa vexetal e arbórea que, afirmou o rexedor, triplicará a existente antes da obra.

A previsión municipal, segundo indicou Abel Caballero, data para agosto a finalización da humanización deste primeiro tramo da Gran Vía, no treito comprendido entre María Berdiales e a rúa Venezuela. A reforma presenta un orzamento próximo aos 5,2 millóns de euros, cofinanciados pola Unión Europea a través dos fondos FEDER.

O proxecto de reforma tamén inclúe a plantación dun total de 72 árbores e 90 arbustos, así como 300 metros cadrados de zonas verdes, nos tramos que están actualmente en obras.

Durante os traballos previos o Concello procedeu á retirada de 24 tileiras e castiñeiros que se encontraban en moi mal estado e con risco de caída. Ademais, 44 laranxos e camelios da mediana foron transplantados ao parque de Castrelos e está previsto que volvan a plantarse no seu lugar orixinal se o seu estado e bo.

Tras a retirada das especies enfermas e perigosas para os viandantes, o Concello deseñou unha replantación de árbores adecuados para a zona, con elección de especies diferentes en función de cada lugar.

Comparte:

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

dos × 2 =

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.