Protección Civil de Ferrol inicia a campaña de captación de voluntarios

Para solicitar a entrada na agrupación hai que ser maior de 18 anos, ou de 16 se se dispón de permiso paterno

A Agrupación de Protección Civil de Ferrol acaba de iniciar unha campaña de captación de voluntarios que conta co respaldo do Concello. Os requisitos mínimos para participar no proceso de selección que se vai pór en marcha son ser maior de 18 anos (ou de 16 se se conta con permiso paterno), carecer de antecedentes penais e ter cursada a ensinanza secundaria obrigatoria ou equivalente. Para pasar a formar parte da agrupación, finalmente, tamén haberá que superar unha entrevista persoal.

O proceso de selección vaise desenvolver seguindo as recomendacións do Ministerio de Sanidade. En primeiro lugar, deberá empregarse un formulario on-line que haberá que remitir cuberto á AVPC. A continuación, quen cumpran os requisitos mínimos, serán convocados a unha telereunión en grupo, na que participarán un máximo de dez persoas, durante a que se lles explicará o funcionamento da agrupación e en que consiste o seu traballo, así como as diferentes seccións que a compoñen e a formación que poden recibir os seus membros, entre outras cuestións. Outro dos cometidos desta xuntanza será aclarar todas as dúbidas que teñan os aspirantes. Os que despois sigan interesados deberán pasar pola entrevista, o último paso do proceso antes de entrar a formar parte da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil.
Para obter o documento de solicitude pódese contactar a través de calquera das redes sociais na que a agrupación ten conta: WhatsApp ou Telegram (698 179 927), Facebook (A.V. Protección Civil Ferrol), Twitter (AVPCFerrol) e Instagram (proteccioncivilferrol).
Tanto o alcalde, Ángel Mato, como o concelleiro de Seguridade, Germán Costoya, destacaron en numerosas ocasións durante o período de estado de alarma o enorme traballo que os membros de Protección Civil levaron a cabo, tanto para prestar axuda directa á cidadanía coma á hora de realizar labores loxísticas para o Concello, como reparto de menús da Cocina Económica, a distribución de equipos de protección individual ou a asistencia ás persoas pertencentes a grupos de risco. Por ese motivo, ambos animan á veciñanza que cumpra os requisitos a participar no proceso selectivo e aproveitan para reiterar o seu agradecemento ao equipo de Protección Civil de Ferrol polo labor realizado nesta crise epidémica.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.