Reabre ao público a área recreativa de Gabenlle en A Laracha

De acordo coa orde SND/442/2020 do Ministerio de Sanidad para a flexibilización de determinadas restricións en aplicación da fase 2 do Plan para a transición cara unha nova normalidade, o Concello da Laracha reabríu ao público á área recreativa de Gabenlle. Permitirase o acceso ao recinto, pero non poderán empregarse nin os parques infantís nin o circuíto biosaudable

En todos os accesos á área recreativa de Gabenlle, e tamén nos da praia de Caión –na que o baño e tomar o sol está permitido desde onte luns-, o Concello colocou carteis informativos sobre as principais medidas de seguridade de obrigatorio cumprimento (hixiene das mans, evitar a práctica de deportes colectivos, respectar o perímetro de seguridade de dous metros e non poder xuntarse grupos de máis de quince persoas).

Por outra banda, o Concello lembra que continúa prohibido o acceso a todos os parques infantís, circuítos biosaudables e pistas polideportivas descubertas en todo o termo municipal. Ditas infraestruturas públicas permanecen precintadas pola Policía Local.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.