Reapertura do punto limpo de O Grove

Esta reapertura realízase dentro das condicións marcadas pola Fase 1 da desescalada

O Concello do Grove informa de que esta semana volveu abrir o punto limpo da localidade, adaptándose así ás condicións marcadas na Fase 1 da desescalada que permiten a mobilidade das persoas. Deste xeito, este espazo volverá estar aberto ao público no seu horario habitual, isto é, de luns a venres de 17.00 a 21.00 horas, e os sábados de 10.00 a 14.00 e de 16.00 a 20.00 horas.

Ademais da reapertura do punto limpo tamén se recupera a normalidade noutros servizos de reciclaxe, como o de recollida de trastes a domicilio que, tras recuperarse a mobiliade das persoas, pasa a realizarse tan só unha vez á semana (na madrugada dos mércores), como era habitual, en lugar das dúas que se realizaron durante este periodo.

Para solicitar a recollida domiciliaria de trastes, mobles vellos e residuos atípicos, coma sempre, tan só é preciso chamar ao teléfono gratuíto 900 720 190 en horario de 9.00 a 13.00 horas de luns a venres.

Comparte:

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

cuatro × 3 =

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.