Restricións no tráfico rodado pola renovación de pavimento vial nas Vivendas da Mariña de Santiago Apóstol de Narón

A finalización dos traballos de humanización e renovación do pavimento en todos os viais da urbanización das Vivendas da Mariña obriga a restrinxir o tráfico rodado e o estacionamento de vehículos na zona, a partir de mañá mércores e ata o vindeiro 10 de xuño, data na que se prevé o remate da intervención

O concelleiro de Seguridade Cidadá, Román Romero, informou ademáis que con este mesmo motivo verase afectado o servizo de recollida de lixo, debendo os residentes facer uso dos contedores situados na estrada de Castela ou na Finca Dopico.

Romero indicou que a empresa xa colocou nos portais dos inmobles da zona os pertinentes avisos, co fin de informar aos residentes e pediu de antemán desculpas á veciñanza polas molestias que poidan ocasionar estas medidas, necesarias para finalizar as obras de mellora no pavimento e humanización dos viais das Vivendas da Mariña.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.