Retiran árbores e troncos de ata 25 metros das canles do Mendo e o Mandeo

Os servizos municipais do Concello de Betanzos traballaron ao longo destes días na retirada de diversas árbores de grandes dimensións que a auga do río Mendo arrastrou ata a zona da ponte nova e a ponte de madeira

Algunhas destas árbores medían arredor de 25 metros co que os traballos se prolongaron no tempo. O considerable tamaño desta árbore, por exemplo, e a forza coa que baixou o caudal de auga produciu que as ramas e tronco levantasen varias aboias de fondeo de embarcacións situadas nas marxes do río.

A forza coa que “baixou” a auga durante as últimas semanas fixo que moitas árbores caesen ao río co cal se espera que puidesen aparecer máis “árbores ou ramas na zona” segundo explicou o primeiro tenente de alcalde, Diego Fernández, que nas últimas horas visitou o tramo xunto co persoal dos servizos municipais.

Ademais dos retirados, o Concello localizou outros río arriba, tanto no Mendo como no Mandeo, que se irán retirando tan pronto como se poida “tendo en conta que nestes momentos os operarios municipais teñen que atender outras actuacións como consecuencia do coronavirus”.

Comparte:

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

12 − ocho =

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.